inv inv
cabecera
inv inv
curve
0001gato.jpg

A técnica do Cartón- Pedra.

É a técnica utilizada para confeccionar máscaras, títeres, lúas e todo tipo de figuras, así coma os coñecidos ninots das fallas Valencianas.

A partir do modelado en barro da figura, obtense un negativo en escaiola ou poliespan, dividido en dúas partes. Trocéanse follas de cartón, móllanse e pícanse co fin de volvelas dúctiles, e empápanse en engrudo, colocándoos despois, formando sucesivas capas nos recunchos do molde. Cando se seca o devandito cartón, pode extraerse a peza que xa se atopa lista para ser unida a outras e compor (armazonado) a figura preestablecida. Unha vez construída esta, repásase a súa superficie exterior de novo con engrudo rebaixado, péganse pequenas tiras de papel para cubir os ocos vacíos e desniveis. Despois procédese ao lixado da figura (escatado) para eliminar rugosidades ou coágulos e finalmente dáselle pasta, lixase e píntase a peza.

0002sol.jpg



O tempo demostrou que o cartón-pedra ademais de ser belo, é un material moi duradeiro. Pezas grandes ou mozas consérvanse moi ben

0003luna.jpg
© 2007 Apamp Artesanía | Aviso Legal