inv inv
cabecera
inv inv
curve

A.PA.M.P. é unha Asociación de Pais de persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas que co compromiso dos profesionais, ten como MISIÓN promover o desenrolo integral destas persoas para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

Constituída como entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública polo Ministerio e cunha traxectoria de 30 anos xenerando recursos e servizos adecuados ás necesidades individuais dos nosos clientes.

No ano 2004 os obradoiros de Téxtil, Encadernación, Cartón – Pedra e Gravado foron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Nestes Obradoiros realízanse labores artesanais de carácter preferentemente manual e sempre, como responsable da actividade, figura un artesán que dirixe e participa nela.

PASOS COMÚNS á hora de realizar os productos:

  • Concepción e deseño do producto.
  • Elección de materiais.
  • Procedemento de producción.
  • Acabados.

data="http://www.artesaniaapamp.org/video/artesania.wmv" hspace="0">

Non pode reproducirse o vídeo.

Nos nosos Obradoiros créanse pezas de artesanía tradicional: Cestería, artesanía tradicional urbana: Encadernación, Serigrafía e Gravado e, de artesanía contemporánea: Cartón Pedra, Téxtil e Cerámica.

CARACTERÍSTICAS DOS NOSOS PRODUCTOS:

  • Calidade.
  • Exclusividade.
  • Orixinalidade.
  • Feito á man.
  • Creatividade.
  • Emprego preferente de materias primas autóctonas: lá, coiro, liño,...
  • Pezas únicas.

 

PUNTO DE VENDA DE PRODUCTOS:

Tenda propia sita na Rúa Miguel Hernández nº 1 VIGO
Tamén se realizan traballos por encarga como carpetas para seminarios, xornadas ou cursos, axendas corporativas, camisetas personalizadas, cortinas e chales,...

LEDICIA NAS MANS
OBRAS DIFERENTES, OBRAS ESPECIAIS
COAS NOSAS IDEAS FACEMOS OBRAS A MOREAS
TRABALLAMOS COA CABEZA E CO CORAZÓN

© 2007 Apamp Artesanía | Aviso Legal