Neste taller realízanse traballos máis artísticos mediante as técnicas artesanais do gravado e da serigrafía, principalmente.
Das técnicas de gravado coñecidas traballamos a punta seca e o collagraph ou matérico, estas técnicas consisten en:
Punta seca: os usuarios realizan un boceto sobre papel, sobre este boceto colócase unha plancha de acetato transparente para que poidan ver o deseño orixinal e así "calcalo" no acetato tallando cun obxecto punzante, tanto pode ser unha punta para gravado en metal, como un cravo cun mango para mellor manexo do usuario.
Unha vez terminada a matriz, o acetato tallado, entíntase e colócase no tórculo sobre esta poñerase o papel previamente humedecido e estamparase a imaxe da matriz no papel, obtendo así o gravado.