O obradoiro téxtil creouse no ano 1994, dentro da asociación Apamp, de persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas.
Os obxectivos son fundamentalmente aprender unha técnica que lles vai ser posible practicar en condicións de traballo moi simples.
Fortalecer a musculatura dos brazos e pernas.Axudar ó control do movemento.Exercitar a percepción visual e do tacto.Estimular a expresión, imaxinacion e creación.Tomar as súas propias decisións.Favorecer a atención e concentración.Valorar a satisfacción polo resultado obtido.
Os trebellos
Teares verticais (alto lizo) onde se fan tapices e alfombras.O tear como forma de expresión artística admite todo tipo de estilos .Os debuxos realizados poden ser a base sobre a que deseñemos un bonito tapiz.Hai persoas que debido ás súas dificultades físicas teñen moitas limitacions á hora de tecer, pero pódeno conseguir con adaptacións especiais e poden utilizar os seus debuxos na confección dun tapiz ou alfombra.
Teares horizontais (baixo lizo) para todo tipo de tecidos.Facilítase o deseño co emprego do ordenador e un programa de deseño téxtil.
Peites, lanzadeiras, canelas, debandoiras, urdideiras.......
No taller tamén se inclúen unha ampla selección de técnicas e formas artesanais, entre as que se inclúen a costura, tinguido de tecidos e febras, feltro, bisutería, cestería......
Os materiais
Usamos grande variedade de materias; a la, o liño, o algodón, o iute....e tamén reciclamos outros como a la de ovella para facer o feltro que usamos para bisutería ou tecidos e retais para facer bonecos e complementos de fogar.
“Señora tecelandeira,
se alguen ía visitar,
visita coa lanzadeira.”
As nosas creacións inclúen a práctica dun vello oficio así como o uso de novas técnicas e adaptacións e insospeitados materiais.
Isto lévanos a facer, pensar e disfrutar.
Os teceláns, seguindo procedementos artesanais que se perden na noite dos tempos, elaboran cada centímetro de tecido, que adquire así o valor dun produto de altísimo prestixio.