Collagraph: esta técnica consiste en ir adherindo diversos materiais sobre un soporte, un cartón ou un acetato, logrando obter distintas texturas e profundidades, cando a matriz está seca entintase e séguese o mesmo proceso que para a estampación da punta seca.
Éste é un traballo de creación libre. É un traballo máis espontáneo.
Collage: sobre un soporte ríxido vanse pegando, cravando/pinchando distintos materiais ( teas, fotografías de prensa e revistas, debuxos realizados por eles, metais, las, o que se teña á man), traballando a composición, a harmonía cromática e a creatividade dos mozos.
Pintura sobre seda: con tintes especiais decóranse e deséñanse teas de sedas que tanto poden ser panos, fulares como cadros.
Serigrafía: é unha técnica de estampación, mediante ela estámpanse os deseños dos mozos en camisetas ou sobre papel (cadros, tarxetas postais, etc.). Esta técnica consiste en facer un negativo do deseño orixinal para logo insolar con luz ultravioleta a pantalla que previamente se emulsionara cunha película líquida fotosensible, unha vez temos a imaxe na pantalla (en positivo), estamparase esta no soporte elixido, estendendo a tinta sobre a malla da pantalla que pasará por aquelas áreas nas que non hai emulsión axudándonos cunha raedera e exercendo algo de presión.
Tamén se realizan traballos plásticos como debuxo a lapis e a cor, pintura, acuarela, etc.
Outros produtos elaborados neste taller son chaveiros, pulseras, coleteiros, broches, bolsos, etc, realizados con coiros de cores.